ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal .......... ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal .......... ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal

Trato hostil á Valedora do Pobo por parte do Alcalde de A Baña


Recibimos novo comunicado por parte da Valedora do Pobo, Milagros María Otero Parga, informándonos do terceiro requirimento que lle ten que facer ao Alcalde de A Baña ante a falta de resposta á queixa presentada polo noso Portavoz Municipal, José Antonio Pereira Gil.


Por terceira vez, José Andrés García Cardeso, Alcalde-Presidente do Concello de A Baña fai caso omiso aos escritos que lle remite á Valedora do Pobo e segue sen dar resposta aos escrito onde os Socialistas de A Baña solicitamos un informe detallado dos pagos realizados a un Concelleiro do Grupo Popular de forma irregular. Dietas recibidas por asistir ó Consello Escolar como membro do mesmo, cando realmente non asistiu a ditas xuntanzas de traballo.

Na imaxe o terceiro requirimento remitido  pola Valedora do Pobo ao Alcalde de A Baña con data 27/02/2017.


Plan Único de A Baña "POS+ 2017"


Proxectos, planos, investimentos,... Poñemos á túa disposición o Plan Provincial coas obras que se levarán a cabo no noso Concello a cargo da Deputación da Coruña.
Plan aprobado no pleno do 22 de febreiro de 2017 onde se integran dúas das propostas feitas polo Grupo Municipal Socialista: mellora do núcleo de Señor cun orzamento total de 108.738,85 euros e o asfaltado da estrada que limita a parroquia de Cabanas co Concello de Val do Dubra por valor de 33.787,68 euros.

Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) “POS+ 2017” da Deputación Provincial da Coruña, cuxas bases se coñecen e aceptan na súa totalidade, e solicitar a aplicación da achega e préstamo provincial asignada aos obxectos que se indican a continuación, separando os que se financian con cargo a “achega provincial 2017”,”achega provincial 2016” e “préstamo provincial 2017”.




PODES CONSULTAR AQUÍ O PLAN PROVINCIAL

Resumo do pleno extraordinario do día 22 de febreiro de 2017




Convocatoria Pleno Extraordinario 22/02/2017
En canto o pleno de hoxe  os dous puntos da orde do día (Plan Único POS+ 2017  e Proxectos de Investimento 2017) foron aprobados co noso voto a favor,  xa que se incluíron algunhas das nosas propostas presentadas no pleno anterior (mellora do núcleo de Señor, mellora da entrada da ponte que une Portomouro con Troitosende,  etc).
E así o manifestamos, explicando que todo o que sexa mellora  no noso Concello é bo. Bo para o Concello e bo para os veciños. Tamén apreciamos nestes proxectos, que algún poderían ser pospostos en beneficio de outros  de maior interese para o noso Concello.
Xa que a maior parte do presuposto destínase a infraestruturas viarias, botamos en falta unha planificación a longo prazo na conservación das nosas estradas, posto que ano tras ano as obras son simples lavados de cara, poñendo como exemplo a obra de Cabanas que se repara o mesmo tramo  dúas veces en dous anos.

Tras a petición do último pleno na que solicitamos que parte dos ingresos do Plan Único da Deputación da Coruña foran destinados nun plan de emprego, queremos que quede constancia que a partida que vai a gasto corrente, que ascende a 320.000 €, se destine á contratación de persoal para reforzar a cuadrilla de mantemento do Concello e o servizo de axuda a domicilio.

En canto a obra de Cabanas recalcar a problemática da zona xa advertida pola anterior portavoz do Grupo Municipal Socialista, para que se teña en conta  cando se realice dita obra, dándolle saída a auga dun lado da estrada  cara o outro, evitando  que vaia por riba dela.

Comentar que no asfaltado de Vilar da Torre sería necesario aumentarlle o ancho a todo o trazado e en Vilar de Suso, canalizar a auga dende o lugar cara baixo para que non siga indo pola estrada.

En canto a humanización da rúa Castiñeira, gustaríanos adquirir un compromiso de continuidade das obras ata a igrexa do Castro, paseo moi utilizado polos veciños .

Charla informativa: Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña


Valentín González Formoso, Presidente da Deputación da Coruña, recibe no Pazo Provincial ao portavoz socialista, José Antonio Pereira xunto cos demais concelleiros que forman o Grupo Municipal Socialista do Concello de A Baña.  Asistiron á reunión de traballo os deputados José Luís García García, Deputado de Promoción Económica e Emprego; e o Deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira Piñeiro.

O portavoz Socialista foi informado dos diferentes plans provinciais que afectan directamente ao Concello bañés así como das inversións en infraestruturas previstas para o presente e vindeiros anos.
Pechouse  unha axenda de traballo na  que varios deputados provinciais visitarán o noso Concello para informar á veciñanza dos plans provinciais. A primeira xornada informativa está prevista para o venres 17 de febreiro e nela darase conta do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña e asistirá á cita Luis García García, Deputado de Promoción Económica e Emprego. O acto terá lugar no salón de actos da Casa de Cultura de San Vicente ás 21 horas.

Para a seguinte xornada, está prevista a asistencia do Presidente Provincial, González Formoso e do Deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira. Nesta ocasión informarase aos asistentes das diferentes liñas de subvencións dirixidas a colectivos veciñais,  asociacións xuvenís, deportivas, …

Reclamación por interrupción de subministro eléctrico.

Recorda que a normativa galega establece un prazo máximo dun mes para dar resposta ás reclamación de calquera consumidor, contado dende a súa presentación.
Cando teñas un problema relativo ao teu subministro de luz, poderás dirixirte á túa comercializadora, a cuxos efectos a compañía ven obrigada a por a túa disposición unha dirección postal, un servizo de atención telefónica con un número gratuíto, un número de fax o unha dirección de correo electrónica á que te poidas dirixir directamente.

Se presentada a túa reclamación ante a compañía e transcorrido un mes dende a presentación, esta non che remitiron unha resposta ou fose desfavorable, poderás dirixirte ao  Instituto Galego de Consumo, quen fará de mediador entre ti e a empresa. En todo caso, tamén podes dirixirte a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) do teu concello, que é un servizo de información e orientación ao consumidores, así como de mediación en materia de consumo.

Tamén poderás dirixirte ante unha Organización de consumidores, onde poderán asesorar e tramitar a reclamación no teu nome.



Se presentada a túa reclamación ante a compañía e transcorrido un mes dende a presentación, esta non che remitiron unha resposta ou fose desfavorable, poderás dirixirte ao Instituto Galego de Consumo, quen fará de mediador entre ti e a empresa.

Actualmente, atópanse adheridas a arbitraxe de consumo en dereito as compañías eléctricas do grupo GAS NATURAL FENOSA (Gas Natural S.U.R., SDG, S.A.; Gas Natural Servicios, SDG, S.A. e Unión Fenosa Distribución) e as compañías IBERDROLA COMERCIALIZACIÓN DE ÚLTIMO RECURSO, S.A.U. e IBERDROLA CLIENTES S.A.U.


Finalmente, tamén poderás dirixirte á DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA,

Dirección de contacto: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA (Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas), San Caetano, s/n. 15701. Santiago de Compostela.

Podes descargar aquí o formulario tipo para tramitar a túa reclamación.









Resumo do pleno ordinario do día 2 de febreiro do 2017


IMAXE: www.adiantegalicia.es

Comeza o pleno ás 14:00 horas, no salón de sesións da Casa do Concello. Seguindo a orde do día, danse por aprobadas as dúas actas anteriores, tras corrixir o apelido do noso portavoz .

O segundo punto da orde do día, (dar conta das resolucións da alcaldía) o Alcalde da por informada á corporación dos decretos emitidos desde o último pleno.

O terceiro, cuarto e quinto puntos, diversas ordenanzas (que podedes consultar na nosa páxina web ) foron aprobadas coa maioría do grupo de goberno e a abstención dos nosos concelleiros. Consultar ordenanzas.
O sexto punto da orde do día (Convenio FEGAMP e empresas subministradoras de enerxía para situacións de vulnerabilidade ou urxencia social, que podedes revisar na nosa web) foi aprobado por unanimidade. Consultar convenio.

En canto a parte de control, as dúas mocións presentadas polo grupo mixto foron aprobadas pola totalidade da corporación, dando paso os rogos e preguntas.


Preguntas e propostas presentadas polo Grupo Municipal Socialista
no pleno ordinario con data 02/02/2017

O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA RECIBE AOS CONCELLEIROS SOCIALISTAS DE A BAÑA.


Os catro concelleiros do Grupo Municipal Socialista, Presidente da Deputación da Coruña e Deputado de Economía e Facenda.


Valentín González Formoso, Presidente da Deputación da Coruña, recibe no Pazo Provincial ao portavoz socialista, José Antonio Pereira xunto cos demais concelleiros que forman o Grupo Municipal Socialista do Concello de A Baña.  Asistiron á reunión de traballo os deputados José Luís García García, Deputado de Promoción Económica e Emprego; e o Deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira Piñeiro.
O portavoz Socialista foi informado dos diferentes plans provinciais que afectan directamente ao Concello bañés así como das inversións en infraestruturas previstas para o presente e vindeiros anos.
Pechouse  unha axenda de traballo na  que varios deputados provinciais visitarán o noso Concello para informar á veciñanza dos plans provinciais. A primeira xornada informativa está prevista para o venres 17 de febreiro e nela darase conta do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña e asistirá á cita Luis García García, Deputado de Promoción Económica e Emprego. O acto terá lugar no salón de actos da Casa de Cultura de San Vicente ás 21 horas.

Para a seguinte xornada, está prevista a asistencia do Presidente Provincial, González Formoso e do Deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira. Nesta ocasión informarase aos asistentes das diferentes liñas de subvencións dirixidas a colectivos veciñais,  asociacións xuvenís, deportivas, …


Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña

UN ESFORZO CONXUNTO POLO EMPREGO

O Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña concíbese como un instrumento que complementa as medidas de cooperación e asistencia artelladas dende a Deputación para promover o desenvolvemento territorial da provincia. Así, a través dun potente investimento provincial sen precedentes na creación e o fomento do emprego adicaranse 30 M€ para o período 2016-2019 multiplicando por seis o investimento realizado ate o momento pola Deputación.

Enmárcase nunca estratexia integrada de cooperación para o desenvolvemento sostible da provincia que pretende servir de instrumento estratéxico para mellorar a empregabilidade e o emprego e responde fundamentalmente á preocupación polo desenvolvemento do territorio provincial no seu conxunto dunha maneira equilibrada, pois os grandes desequilibrios existentes a nivel provincial entre as zonas rurais e urbanas e incluso entre zonas rurais entre sí, reforzan a idea de fortalecer a aqueles concellos que precisan dunha maior intervención e apoialos no seu desenvolvemento económicos e social en termos de sostenibilidade.
Porque son eles os que máis sufren a perda constante de poboación, a merma da calidade de vida das súas xente pola falta de emprego a nivel local, o envellecemento poboacional, a falta de relevo xeneracional e a escasez de recursos á hora de facer fronte aos novos retos.
Por iso a Deputación no marco das súas competencias de cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e na planificación do territorio provincial, tenta traballar conxuntamente con eles en iniciativas que contribúan ó seu crecemento e en reforzalos para que poidan afrontar da mellor maneira posible os desafíos que prantexa o desenvolvemento sostible.
Porque o desenvolvemento vén da man do emprego e para calquera territorio, calquera que sexa o seu nivel de desenvolvemento, a base para impulsar a prosperidade, a inclusión e a cohesión social de maneira sostible e crecente, é contar cunha oferta suficiente de emprego.
Consciente da importancia que iso supón, a Deputación quere centrar os seus esforzos na promoción do emprego como a base para o desenvolvemento e crecemento sostible da provincia, unha prioridade transversal no presente mandato en consoancia co resto de plans e programas da entidade provincial.
O PEL nace coa vocación de ofrecer solucións inmediatas a problemas que nos afectan a todos como persoas, como sociedade e como territorio e agora máis que nunca, unidade, cooperación e xestión conxunta son ideas clave para que as corporacións locais poidan dotarse das ferramentas necesarias para avanzar cara un futuro mellor porque únicamente cooperando e construíndo redes se pode acadar unha sociedade máis igualitaria e con maior calidade de vida.
Pódese obter máis información na web da Deputación (www.dacoruna.gal) e na web do PEL www.emprego.dacoruna.gal.


"Grandes Lugares" da TVG visita Ordoeste - A Baña


Hoxe domingo 22 de xaneiro a partir das 23.30 h. na TVG

"Grandes Lugares", segue co seu percorrido por Galicia, e nesta ocasión fai unha parada no Concello de A Baña, concretamente na parroquia de Ordoeste. Non volo perdades.
Compartimos un avance do programa.

#IlusiónPoloNosoConcello #Ordoeste #ABaña


Nº de nacementos no Concello de A Baña (2005-2015)


Nova gráfica onde podemos atopar o número de nacementos no Concello de A Baña por anualidades desde o 2005 ata o 2015, segundo o Instituto Galego de Estatística.
Máis datos sobre a situación demográfica do noso Concello en "A Baña en cifras"