O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA RECIBE AOS CONCELLEIROS SOCIALISTAS DE A BAÑA.


Os catro concelleiros do Grupo Municipal Socialista, Presidente da Deputación da Coruña e Deputado de Economía e Facenda.


Valentín González Formoso, Presidente da Deputación da Coruña, recibe no Pazo Provincial ao portavoz socialista, José Antonio Pereira xunto cos demais concelleiros que forman o Grupo Municipal Socialista do Concello de A Baña.  Asistiron á reunión de traballo os deputados José Luís García García, Deputado de Promoción Económica e Emprego; e o Deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira Piñeiro.
O portavoz Socialista foi informado dos diferentes plans provinciais que afectan directamente ao Concello bañés así como das inversións en infraestruturas previstas para o presente e vindeiros anos.
Pechouse  unha axenda de traballo na  que varios deputados provinciais visitarán o noso Concello para informar á veciñanza dos plans provinciais. A primeira xornada informativa está prevista para o venres 17 de febreiro e nela darase conta do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña e asistirá á cita Luis García García, Deputado de Promoción Económica e Emprego. O acto terá lugar no salón de actos da Casa de Cultura de San Vicente ás 21 horas.

Para a seguinte xornada, está prevista a asistencia do Presidente Provincial, González Formoso e do Deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira. Nesta ocasión informarase aos asistentes das diferentes liñas de subvencións dirixidas a colectivos veciñais,  asociacións xuvenís, deportivas, …


No hay comentarios: