Resumo do pleno extraordinario do día 22 de febreiro de 2017




Convocatoria Pleno Extraordinario 22/02/2017
En canto o pleno de hoxe  os dous puntos da orde do día (Plan Único POS+ 2017  e Proxectos de Investimento 2017) foron aprobados co noso voto a favor,  xa que se incluíron algunhas das nosas propostas presentadas no pleno anterior (mellora do núcleo de Señor, mellora da entrada da ponte que une Portomouro con Troitosende,  etc).
E así o manifestamos, explicando que todo o que sexa mellora  no noso Concello é bo. Bo para o Concello e bo para os veciños. Tamén apreciamos nestes proxectos, que algún poderían ser pospostos en beneficio de outros  de maior interese para o noso Concello.
Xa que a maior parte do presuposto destínase a infraestruturas viarias, botamos en falta unha planificación a longo prazo na conservación das nosas estradas, posto que ano tras ano as obras son simples lavados de cara, poñendo como exemplo a obra de Cabanas que se repara o mesmo tramo  dúas veces en dous anos.

Tras a petición do último pleno na que solicitamos que parte dos ingresos do Plan Único da Deputación da Coruña foran destinados nun plan de emprego, queremos que quede constancia que a partida que vai a gasto corrente, que ascende a 320.000 €, se destine á contratación de persoal para reforzar a cuadrilla de mantemento do Concello e o servizo de axuda a domicilio.

En canto a obra de Cabanas recalcar a problemática da zona xa advertida pola anterior portavoz do Grupo Municipal Socialista, para que se teña en conta  cando se realice dita obra, dándolle saída a auga dun lado da estrada  cara o outro, evitando  que vaia por riba dela.

Comentar que no asfaltado de Vilar da Torre sería necesario aumentarlle o ancho a todo o trazado e en Vilar de Suso, canalizar a auga dende o lugar cara baixo para que non siga indo pola estrada.

En canto a humanización da rúa Castiñeira, gustaríanos adquirir un compromiso de continuidade das obras ata a igrexa do Castro, paseo moi utilizado polos veciños .

No hay comentarios: