Charla informativa: Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña


Valentín González Formoso, Presidente da Deputación da Coruña, recibe no Pazo Provincial ao portavoz socialista, José Antonio Pereira xunto cos demais concelleiros que forman o Grupo Municipal Socialista do Concello de A Baña.  Asistiron á reunión de traballo os deputados José Luís García García, Deputado de Promoción Económica e Emprego; e o Deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira Piñeiro.

O portavoz Socialista foi informado dos diferentes plans provinciais que afectan directamente ao Concello bañés así como das inversións en infraestruturas previstas para o presente e vindeiros anos.
Pechouse  unha axenda de traballo na  que varios deputados provinciais visitarán o noso Concello para informar á veciñanza dos plans provinciais. A primeira xornada informativa está prevista para o venres 17 de febreiro e nela darase conta do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña e asistirá á cita Luis García García, Deputado de Promoción Económica e Emprego. O acto terá lugar no salón de actos da Casa de Cultura de San Vicente ás 21 horas.

Para a seguinte xornada, está prevista a asistencia do Presidente Provincial, González Formoso e do Deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira. Nesta ocasión informarase aos asistentes das diferentes liñas de subvencións dirixidas a colectivos veciñais,  asociacións xuvenís, deportivas, …

No hay comentarios: