Nova "Charla
Informativa" organizada pola Agrupación Socialista de A Baña para o
vindeiro venres 31 de marzo ás 21 horas na Casa da Cultura da Baña. Nesta
ocasión contaremos coa presenza do Presidente da Deputación da Coruña, Valentín
González Formoso, e co Deputado Provincial, Antonio Leira.
Informarase a todos
os asistentes ó acto das bases reguladoras do programa de subvencións a
entidades sen ánimo de lucro para realizar actividades durante o ano 2017.
As asociacións de veciños e veciñas, xuvenís, culturais, deportivas, asociacións de mulleres, entidades educativas (ANPAS), e todas aquelas entidades sen ánimo de lucro do noso Concello poden recibir entre 600 e 30.000 euros.
O importe de saída
da liña destinada a actividades culturais para o presente ano é de 1.100.000€,
que se repartirán en subvencións que van desde 600 a 30.000 € que as entidades
poderán destinar a actividades como elaboración, edición e difusión de contidos
culturais, programacións artísticas; cursos, seminarios, debates ou mesas
redondas, proxectos socioculturais, actividades de recuperación da historia e a
memoria local, fomento da creatividade artística ou posta en valor e difusión
do patrimonio cultural material e inmaterial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario