MANIFESTO DO 1º DE MAIO E ACTO PÚBLICO



EMPREGO DIGNO E POBREZA CERO: POLA MODERNIZACIÓN DO NOSO SISTEMA DE RELACIÓNS LABORAIS E O ESTADO DE BENESTAR.

Como todos os primeiros de maio os socialistas mostramos o noso apoio e solidariedade á clase traballadora do noso país. A todos, aos que teñen emprego, aos que o tiveron e xubiláronse, aos que o perderon e a quen tenta conseguilo.
Hoxe esa clase traballadora é máis diversa que a que alumou os logros e conquistas da primeira loita obreira. Os retos e a contorna institucional son distintos. Temos unha democracia avanzada, movémonos  nun marco europeo de soberanía compartida e a transformación dixital dilúe as fronteiras entre empregador e empregado. O mercado de traballo é diferente, pero os obxectivos seguen sendo basicamente os mesmos: garantir unhas condicións de vida dignas para todas as persoas que co seu traballo e coñecemento achegan valor á sociedade.
Estes obxectivos non só non se conseguiron, senón que cada vez estamos máis lonxe de alcanzalos. O noso mercado de traballo mantén dúas características inaceptables. Moito paro, xente que quere traballar e non pode. E moito emprego precario, que non ofrece un desenvolvemento da carreira profesional e vital aos traballadores e traballadoras. Unha situación inaceptable, que un partido progresista como o PSOE non pode permitir.
Esta situación reflíctese tamén nas estatísticas, porque non só temos que fixarnos no PIB. Os datos reflicten que a taxa de pobreza segue crecendo en España a pesar da recuperación da produción.
Pobreza que afecta sobre todo aos parados, pero tamén aos traballadores, afectando ao 14% da poboación ocupada, case 3 puntos máis da que había antes da reforma laboral do PP.

....

Reforzamos o noso compromiso cunha política económica alternativa, progresista, capaz de gañar competitividade sen atacar os dereitos dos traballadores e que nos prepare para os retos do futuro. Unha política que modernice o noso sistema de relacións laborais e o Estado de Benestar co obxectivo de conseguir emprego digno e atallar a pobreza.
Hoxe, igual que sempre, manifestarémonos o 1º de Maio e facemos un chamamento á cidadanía e en particular aos militantes e simpatizantes do PSOE para que se una ás convocatorias das organizacións sindicais.


MANIFESTO COMPLETO PSOE  DO 1º DE MAIO 2017

No hay comentarios: