O primeiro punto aprobación das actas anteriores, tras unha pequena corrección
acordada pola maioría, foi aprobada a
acta do pleno ordinario do día 5 de abril, quedando pendente a do último pleno extraordinario.
O segundo punto, dar conta dos decretos da
Alcaldía, o Alcalde da por informada a
corporación dos decretos emitidos dende o último pleno.
De igual xeito o terceiro punto “dar conta
aprobación liquidación Presupostos 2016” o Alcalde da por informada á
corporación, tomando a palabra o noso voceiro para solicitar copia do informe
de intervención.
O
cuarto punto, “información Alcaldía Casa Reitoral San Mamede” o Alcalde
fai un breve informe sobre a petición por parte da Fundación Anxiños de
dispor da casa reitoral para destinar a un fogar para nenos con trastornos mentais.
Aclarou que non había nada concretado pero que
se estaba a valorar esta posibilidade a
espera dos informes pertinentes.
O noso portavoz Jose A. Pereira
explicou que non é lóxico valorar dito proxecto cando xa hai unha finalidade
para este local. Que o grupo de goberno leva 10 anos dicindo que se vai
destinar a unha vivenda comunitaria para os maiores do noso Concello, que se
levan invertidos mais de 500.000 €, cartos de todos os veciños da Baña e polo
tanto non se pode cambiar o uso inicial da
reitoral. Tamén pediu que se aclare si se vai facer ou non o fogar residencial,
e de non ser así, que cada quen asuma as súas responsabilidades, e a partires
de aí, poderemos barallar outras alternativas.
Na parte de control, as mocións do grupo mixto
foron aprobadas cos votos a favor do Grupo Municipal Socialista.
Nesta ocasión non asistiron á sesión plenaria dúas das Concelleiras do Grupo Popular, quedando este en minoría (catro Concelleiros de once)
Nesta ocasión non asistiron á sesión plenaria dúas das Concelleiras do Grupo Popular, quedando este en minoría (catro Concelleiros de once)
No hay comentarios:
Publicar un comentario