A
falta dunha rede de subministro de auga potable
municipal, obriga aos veciños a abastecerse
dos mananciais privados que de maneira individual ou comunitario, van facendo
nas distintas parroquias. Coa situación actual de seca que está a sufrir o noso
país, moitos destes mananciais están secos, o que se traduce en graves
problemas para os veciños das distintas
parroquias do noso Concello. Sendo máis grave si cabe a situación dos
gandeiros, que como mínimo precisan dun consumo diario entorno os 70 litros por
animal.
No
pleno celebrado o pasado día 1 de agosto de 2017, o grupo Socialista ante esta
situación, presentou unha moción coa que pretendíamos impulsar un compromiso
por parte do Concello na construción, canalización e mantemento, de novos
mananciais de carácter comunitarios co fin de garantir o servizo a aquelas
vivendas que aínda non tendo propiedade na auga, acrediten a necesidade, e
dunha vez por todas atallar situacións como as que se están a sufrir nestes
intres.
Dita moción non foi apoiada polo Partido Popular, e co voto de calidade
do Alcalde foi rexeitada.
En
virtude do conxunto de circunstancias expostas, dende o Grupo Municipal
Socialista plantexaremos as seguintes cuestións no vindeiro pleno ordinario
previsto para o 25 de novembro de 2017.
¿TEN
O CONCELLO IDEADO ALGÚN PLAN DE URXENCIA
SE CONTINUA ESTA SITUACIÓN?
¿TEN
O CONCELLO MEDIOS PARA SUBMINISTRAR
A AUGA AS DISTINTAS PARROQUIAS?
Aquí podes consultar a moción rexeitada polo Partido Popular co voto de calidade do Alcalde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario