Foto: www.adiantegalicia.es |
O
segundo punto da orde do día, (dar conta das resolucións da alcaldía) o
Alcalde da por informada á corporación dos decretos emitidos dende o último
pleno.
No terceiro punto (ratificación do proxecto de subministración de sinais viarias),
foi aprobado por maioría, quedando o orzamento para dito proxecto nun total
de 18.181,80 euros.
O
cuarto punto (ratificación do acordo plenario relativo á aprobación da Conta
Xeral do Exercicio 2016 ). Sometido a votación, este é aprobado polos votos a favor do PP e do PSOE
e a abstención, do Grupo Mixto.
No
último punto, (adhesión á declaración da FEMP con motivo do día internacional da eliminación da violencia contra a
muller) o noso voceiro Jose A. Pereira, recriminou ó Alcalde no haber feito un
acto exclusivo para ese día dada a importancia do mesmo ó tempo que criticou
que se utilizara o magosto para este fin.
A declaración foi aprobado por unanimidade.
En
canto ás mocións, o noso voceiro defendeu a presentada o pasado 11 de novembro,
encontra do abandono do medio rural galego, sacando a diante os 9 puntos do
acordo para manter un rural vivo, activo e con futuro.
O
grupo Mixto presentou dúas mocións sendo unha sobre compostaxe doméstica que se aprobou por unanimidade e
outra sobre a incorporación do Concello Da Baña á Xunta pro devolución do Pazo
de Meirás rexeitada polo Partido Popular.
Na seguinte ligazón pódense consultar os rogos e preguntas presentadas polo noso partido
No hay comentarios:
Publicar un comentario