Alertan pola baixada do censo ata os 3.500 bañeses




O PSOE da Baña vén de mostrar o seu malestar pola perda de habitantes nun concello onde rondan os 3.500 veciños, e lembran que, no pleno do pasado 2 de febreiro, solicitaron un plan ao Concello "para facer fronte a continua perda de poboación".
Ao respecto, divulgan que, meses despois, se lles contestou que "hai que facer un estudo, que ten que haber unha coordinación entre o Concello a Xunta e a Deputación".
Aportan, do mesmo xeito, que "hai máis de 20 anos estamos a perder poboación, e nos últimos dez somos mil veciñós menos, e vostedes seguen sen facer nada".

Creen que corren perigo dotacións como o colexio ou o centro de saúde, e a banca.


Información de: El Correo Gallego

No hay comentarios: