CRÓNICA DO PLENO ORDINARIO DE 31 DE XANEIRO DE 2018



Comeza a sesión as 14:00 coa ausencia do concelleiro do Partido Popular,  D. Manuel Tourís.

No primeiro punto do orde do día solicitamos  que na acta ordinaria  número 11,  na páxina 22, modifíquese a declaración do Alcalde,  xa que afirmou que foi o Concello o que pagou  a obra de apertura da gabia, cando se procedeu  a reparación das tubeiras da auga de Lañas.
A tal petición o secretario  alega que as actas son un resumo do acontecido, e que nelas non ten porque figurar os debates con todo o seu contido. O Alcalde abala a decisión do secretario  polo que a acta non é modificada.

No segundo punto, o  Alcalde da por informada a corporación dos decretos emitidos dende o último pleno.

O  terceiro punto, ratificación da resolución pola que se aproba o proxecto corrixido “Humanización do adro da igrexa de Fiopáns“  POS 2018, apróbase por unanimidade  para que poda ser de novo remitido á Deputación.

Do mesmo xeito, é  aprobado por maioría o punto catro, “Ratificación da resolución pola que se aproba o proxecto corrixido para a subministración e colocación de sinais viarias en San Vicente, Marcelle, e outros” POS 2017

O punto quinto trata do informe do procedemento para a cualificación de aptitude  de predios para os fins do Banco de Terras de Galicia. Neste punto aclarase que  unha das parcelas situada en Vigobo, non cumpre os requisitos, xa que nela hai un vertedoiro ilegal. Que procederán a facer as tarefas de limpeza co fin de que cumpra os requisitos para que poda ser alugada.

No apartado de control a MOCIÓN PARA CREAR UNHA LÍNEA DE AXUDAS QUE PERMITA ÁS FAMILIAS DO CONCELLO CON POUCOS RECURSOS ECONÓMICOS, ACCEDER Á COMPRA DAS VACINAS CONTRA  A  MENINXITE-B presentada polo noso grupo foi aprobada por maioría o igual que a presentada polo grupo Mixto.

AQUÍ están  os nosos rogos e preguntas

No hay comentarios: