ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal .......... ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal .......... ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal

Entrega da recollida de firmas no rexistro da Xunta de Galicia. Estrada AC-546


O portavoz municipal dos Socialistas da Baña, José Antonio Pereira Gil, fará entrega das preto de 300 firmas recollidas persoalmente e porta a porta entre os veciños e veciñas das parroquias afectadas pola seguridade da estrada AC-546. A entrega das firmas terá lugar mañá venres 26 de xaneiro ás 10.30 e estará acompañado polo diputado e portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Xoaquín M. Fernández Leiceaga.


Texto íntegro que acompaña ás firmas:

A/A:

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUCTURAS E VIVENDA.

OS ABAIXO ASINANTES,  TODOS VECIÑOS DO CONCELLO DE A BAÑA, E RESIDENTES NAS PARROQUIAS DE BARCALA , ORDOESTE E CORNEIRA, VÉMONOS AFECTADOS POLA ESTRADA AC-546 (DE TITULARIDADE AUTONÓMICA), XA QUE DIVIDE  AO MEDIO AS NOSAS PARROQUIAS.  ESTA CIRCUNSTANCIA FAI QUE PARA O NOSO DÍA A DÍA TEÑAMOS QUE CRUZAR ESTE VIARIO, SENDO UN VERDADEIRO PERIGO PARA A VECIÑANZA, AO CARECER A ESTRADA  DE PASOS  DE PEÓNS DE NINGÚN TIPO.
É A PRINCIPAL ESTRADA DE COMUNICACIÓN ENTRE SANTIAGO E A COSTA DA MORTE, É  UTILIZADA POR MÁIS DE UN MILLÓN E MEDIO DE COCHES O ANO. FOI INCLUIDA POLA DXT NO MAPA NACIONAL DE TRAMOS  MAIS PERIGOSOS PARA A CIRCULACIÓN, E AO LONGO DOS ÚLTIMOS ANOS PRODUCÍRONSE VARIOS ACCIDENTES GRAVES COA DRAMÁTICA CONSECUENCIA DO FALECEMENTO DE VECIÑOS AO SER ATROPELADOS  CANDO TENTABAN CRUZAR DITA ESTRADA.
É POR ISTO QUE SOLICITAMOS A COLOCACIÓN DUN PASO DE PEÓNS REGULADO POR SEMÁFOROS AO PASO POR CADA UNHA DAS TRES PARROQUIAS, CO FIN DE EVITAR A MORTE DE MAIS VECIÑOS.

NOME: DNI: FIRMA:

No hay comentarios: