José Antonio Pereira Gil, novo Secretario Xeral da Agrupación Socialista de A Baña



O que foi candidato polo PSdeG-PSOE de A Baña á alcaldía nas pasadas eleccións municipais de 2015, José Antonio Pereira Gil, sae elixido como novo Secretario Xeral dos Socialistas do Concello bañés da asemblea extraordinaria celebrada o domingo 4 de febreiro  na  Casa do Pobo de San Vicente onde se reuniron os afiliados e afiliadas.

Foi aprobada por unanimidade, dos militantes presentes e con dereito a voto, unha única lista presentada e encabezada polo propio Pereira.

No transcurso da asemblea local, o ata agora Secretario Xeral, Enrique Vázquez Naveira defendeu a xestión realizada pola Executiva Local saínte e expuxo ante os militantes asistentes un resumo das actividades levadas a cabo, os obxectivos acadados e os proxectos que se atopan en curso. Fixo un balance dos resultados obtidos nos últimos procesos electorais  e concluíu agradecendo a colaboración e aportacións de todos os membros da Comisión Executiva Municipal saínte.
Lembrou, Enrique Vázquez , que a Agrupación de A Baña e unha das máis activas da provincia e unha das poucas que mantén os seu número de afiliados ano tras ano, informando da incorporación de seis novos afiliados  no pasado mes de decembro.  Que os afiliados se senten representados e que dispoñen en todo momento dun asesoramento axeitado ante os problemas ou dúbidas que se lles presentan.
En canto a situación económica da agrupación informa que o saldo é positivo, os pagos están ao día sen quedar pendente ningún gasto por sufragar e que as contas están á disposición de todos os afiliados e afiliadas para a súa consulta en calquera momento.

A continuación abriuse unha quenda de intervención en relación coa xestión da Comisión Executiva Municipal onde os afiliados e afiliadas coincidiron na intervención de Vázquez, afirmando que foi moi positiva e incidindo en que debemos seguir nesta liña para procurar ampliar o número e afiliados e procurar achegarse aos diferentes colectivos sociais do noso Concello. Valoraron positivamente a xestión, as actividades organizadas nos últimos anos e insistiron na necesidade de seguir na liña actual de traballo co obxectivo de facerse coa alcaldía nas vindeiras eleccións municipais de 2019. Os asistentes agradecen a labor realizada ata o momento por parte de todos os integrantes da Executiva saínte.

José Antonio Pereira Gil tamén será o representante de todos e todas as Socialistas de A Baña como membro da Executiva Provincial de A Coruña e como membro da Executiva Nacional Galega.

No hay comentarios: