MOCIÓN PARA INSTAR Ó CONCELLO DE A BAÑA, A SOLICITAR Á
SOCIEDADE ESTATAL DE CORREOS E TELÉGRAFOS S.A. - COMISIÓN NACIONAL DO SECTOR
POSTAL E MINISTERIO DE FOMENTO, A AMPLIACIÓN DO HORARIO DA OFICINA DE CORREOS,
QUE DA SERVIZO, Á VECIÑANZA DA BAÑA.
No Concello da Baña hai unha oficina de Correos para servizo
dos veciños, o que a primeira vista parece suficiente. O problema aparece cando
o horario de atención ós usuarios vese reducido a tan so unha hora ó día
de luns a venres, de 9 a 10 da mañá, e os sábados e festivos sen servizo.
A rutina da vida do noso Concello, onde a maioría dos
veciños dedícase á agricultura e
gandería, fai que moitos non estean nas súas
casas a hora en que pasa o carteiro, polo que a entrega de documentos
certificados teñen que ser recollidos na correspondente oficina. O horario tan
reducido, dificulta ós veciños o poder acceder a dito servizo. A recollida de
certificados e demais documentos é toda unha odisea. E en canto á realización
de xestión tales como xiros, certificacións ou paquetería, a maioría dos
veciños optan en moitos casos por desprazarse os concellos limítrofes, polo
escaso servizo que ofrece a oficina da Baña. O que de novo fai que os nosos
veciños e veciñas descapitalicen A Baña
en favor de Negreira ou Santa Comba.
O Concello de A Baña non pode manterse indiferente
ante esta carencia na prestación adecuada deste servizo básico de comunicación.
Si queremos ter un Concello vivo, temos que dotalo de servizos e mellorar os
que temos, e por iso que solicitamos o apoio de toda a corporación co fin de
reclamar ás administracións responsables deste servizo público, a súa mellora
en canto o horario se refire co fin de dar un mellor servizo os veciños e
veciñas da Baña.
Ofina de Correos de A Baña - Horario de atención ó público: 9.00 -10.00 horas de luns a venres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario