FALLO XUDICIAL: MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PXOM NA RÚA CAMIÑO DE MONELOS


O Concello da Baña ten a obriga de acatala, para o que é preciso levar a cabo a modificación do PXOM, de acordo co procedemento establecido na lexislación urbanística autonómica vixente, segundo a cal ,a figura da Modificación Puntual é a adecuada para dar cumprimento ó fallo xudicial. 




O obxecto da presente modificación puntual é a modificación do límite do solo urbano e das  aliñacións na rúa Camiño de Monelos, localizada no núcleo de San Vicente.  

En sesión extraordinaria realizada o día 26 de xuño de 2003, o Pleno da Corporación Municipal  aprobou  definitivamente  o  Plan  Xeral  de  Ordenación  municipal  do  Concello  da  Baña  (BOP  nº163, 17/07/2003, e corrección de erros BOP nº 176, 02/08/2003).

Contra  dita aprobación  foi  presentado  un  recurso ante a Sala  do Contencioso‐administrativo  do  Tribunal  Superior  de  Xustiza  de  Galicia  por  Dª  María  del  Carmen  Mallón  Fins  (procedemento ordinario 4933/2003). Con data do 18 de outubro de 2007, a Sección Segunda  da citada Sala emitiu resolución pola que se estima o recurso interposto, e se anula en parte o  acordo de aprobación definitiva do PXOM, nos exclusivos estremos, e nos termos indicados no  Fundamento de Dereito Quinto da sentenza, é dicir, redución do ámbito de solo urbano na rúa  Camiño  de  Monelos  ata  os  límites  previstos  nas  Normas  Subsidiarias  Municipais  previas  á  aprobación do PXOM, e fixación de aliñacións equidistantes ó eixe do citado camiño.

Contra  dita  sentenza  foi  presentado  recurso  de  casación  (nº  616/2008)  ante  a  Sala  do  Contencioso‐administrativo do Tribunal Supremo; no obstante, con data do 27 de xaneiro de  2012, a Sala Terceira (Sección Quinta) do citado tribunal emitiu fallo desestimatorio.

Unha  vez  establecida  a  firmeza  da  sentenza  devandita,  o  Concello  da  Baña  ten  a  obriga  de  acatala,  para  o  que  é  preciso  levar  a  cabo  a  modificación  do  PXOM,  de  acordo  co  procedemento  establecido  na  lexislación  urbanística  autonómica  vixente,  segundo  a  cal,  a  figura da Modificación Puntual é a adecuada para dar cumprimento ó fallo xudicial. 

En consecuencia, o obxecto da presente Modificación Puntual é dar cumprimento á sentenza  838/2007 da Sección Segunda da Sala do Contencioso‐administrativo do Tribunal Superior de  Xustiza de Galicia (en diante, TSXG), nos seus fundamentos de dereito. 



No hay comentarios: