Puntos de acceso wifi gratuítos nos espazos públicos.




A Comisión Europea acaba de poñer en marcha o portal web da iniciativa “Wifi para Europa”, a través do cal  ofrécense axudas por un total de 15.000 euros, para que os concellos instalen puntos de acceso wifi gratuítos nos espazos públicos.

Tendo en conta as características do noso Concello, consideramos que pode ser unha boa oportunidade para instalar puntos de acceso wifi nos edificios municipais, locais sociais das distintas parroquias, e espazos públicos (pavillóns deportivos, prazas, áreas recreativas, etc).

Sen dúbida ter wifi gratuíto nestes espazos, axudaría a dinamizar o día a día dos nosos veciños, xa que é unha das demandas máis solicitadas por moitos dos residentes da Baña, é por isto que.

SOLICITAMOS:

Que dende o Concello de A Baña se faga todo o posible para concorrer a estas axudas, co fin de instalar WIFI nos edificios municipais, locais sociais e distintos espazos públicos.

No hay comentarios: